O Campus Industrial de Ferrol recibe ao primeiro estudantado estranxeiro do curso académico

Ferrol, 26 de setembro de 2024.- A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, e o adxunto de Mobilidade e Convenios da Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización, Bruno Casal, recibiron, este xoves, no Salón de Actos Concepción a Arenal do Campus Industrial de Ferrol, aos primeiros 40 estudantes estranxeiros que se incorporan á Universidade da Coruña neste primeiro cuadrimestre. Esta cifra verase incrementada ao longo do ano con novas incorporacións de alumnado e de persoal investigador quen se achegará ata a cidade departamental para continuar coa súa formación, realizar prácticas académicas ou estadías de investigación.

Estes primeiros 40 estudantes estranxeiros proceden de Brasil, Corea, Costa Rica, Italia, México, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Chega, Romanía e de Turquía. Nesta primeira quenda, tamén se inclúe a alumnado doutros puntos de España grazas ao programa de mobilidades nacionais SICUE, promovido pola Conferencia de Rectores de las Universidades Españolas (CRUE). Cursarán os seus estudos na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), na Facultade de Humanidades e Documentación e na Facultade de Enfermaría e Podoloxía.

O Campus Industrial de Ferrol recibe ao primeiro estudantado estranxeiro do curso académico
O Campus Industrial de Ferrol recibe ao primeiro estudantado estranxeiro do curso académico