Ferrol, 19 de outubro de 2022.- Preto de 270 estudantes de bacharelato da rama científica e de FP de toda Galicia están a participar no reto Challenge STEM, un xogo inmersivo e colaborativo que promove o Campus Industrial de Ferrol. A través dunha plataforma web, o estudantado está xa a resolver os catro retos propostos polo profesorado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) para este desafío.
O alumnado participante, dividido en grupos de entre catro e seis persoas, está a competir, colaborar e traballar desde hai pouco máis dunha semana para resolver os enigmas dun misterioso buque de metano que está atracado na ría de Ferrol, o Mozah. Este desafío porá a proba os seus coñecementos en materias como as matemáticas, o cálculo, a física, a química, as ciencias e a tecnoloxía. Para levalo a cabo, contan co apoio do profesorado do seu centro e teñen a opción de solicitar pistas puntuais durante todo o proceso. O cinco equipos que acaden a maior puntuación clasificaranse para a final presencial que terá lugar o venres 11 de novembro no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol.
Listado de Participantes
Nº | Nome do equipo | Nome do centro |
1 | CMC.04 | Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña) |
2 | CMC.03 | Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña) |
3 | CMC.02 | Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña) |
4 | CMC.01 | Colexio Plurilingüe Compañía de María (A Coruña) |
5 | SEK STEAM ONE | Colexio Internacional Eirís ( A Coruña) |
6 | SEK STEAM TWO | Colexio Internacional Eirís ( A Coruña) |
7 | SEK STEAM THREE | Colexio Internacional Eirís (A Coruña) |
8 | APOLO EI 1 | IES Manuel Murguía (Arteixo, A Coruña) |
9 | APOLO EI 2 | IES Manuel Murguía (Arteixo, A Coruña) |
10 | A mini tropa dé Sabón | IES de Sabón (Arteixo, A Coruña) |
11 | EBA_CS22 | IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo, A Coruña) |
12 | EBA_CS13 | IES Eduardo Blanco Amor (Culleredo, A Coruña) |
13 | ESTEGOSAURIOS | IES Isaac Díaz Pardo (Sada, A Coruña) |
14 | TE_1 | IES Isaac Díaz Pardo (Sada, A Coruña) |
15 | Lóxicos e Defusos | IES Isaac Díaz Pardo (Sada, A Coruña) |
16 | ADIBRA | IES Isaac Díaz Pardo (Sada, A Coruña) |
17 | BJS | IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña) |
18 | BARÓMETRO | IES Sofía Casanova (Ferrol, A Coruña) |
19 | Los cualquiera | IES Sofía Casanova (Ferrol, A Coruña) |
20 | Ohana | IES Sofía Casanova (Ferrol, A Coruña) |
21 | Chikaletas | IES Sofía Casanova (Ferrol, A Coruña) |
22 | SIN CAL | IES Canido (Ferrol, A Coruña) |
23 | Os leons de Montepinar | IES Canido (Ferrol, A Coruña) |
24 | TIC TRA | IES Terra de Trasancos (Narón, A Coruña) |
25 | STEMERS TRASANCOS | IES Terra de Trasancos (Narón, A Coruña) |
26 | Mineir@s de Uranio | IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz, Lugo) |
27 | Patacool | IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz, Lugo) |
28 | Torques de Burela | IES Perdouro (Burela, Lugo) |
29 | Bonito de Ouro | IES Perdouro (Burela, Lugo) |
30 | Os Dourados | IES Perdouro (Burela, Lugo) |
31 | EQUIPO 1 IES MONTECASTELO | IES Monte Castelo (Burela, Lugo) |
32 | EQUIPO 2 IES MONTECASTELO | IES Monte Castelo (Burela, Lugo) |
33 | Alpha Team | CPR Divina Pastora (Ourense) |
34 | Bocata de lomo | CPR Divina Pastora (Ourense) |
35 | Los cacahuates | CPR Divina Pastora (Ourense) |
36 | Los galácticos | CPR Divina Pastora (Ourense) |
37 | CHMM | Colexio Bilingüe Marcote Mondariz (Mondariz, Pontevedra) |
38 | AMDN | Colexio Bilingüe Marcote Mondariz (Mondariz, Pontevedra) |
39 | IESAGuia3 | IES A Guía (Vigo, Pontevedra) |
40 | IESAGuia2 | IES A Guía (Vigo, Pontevedra) |
41 | IESAGuia1 | IES A Guía (Vigo, Pontevedra) |
42 | Valadares 4 | IES Valadares (Vigo, Pontevedra) |
43 | Valadares 2 | IES Valadares (Vigo, Pontevedra) |
44 | Valadares 3 | IES Valadares (Vigo, Pontevedra) |
45 | Valadares 1 | IES Valadares (Vigo, Pontevedra) |
46 | Los Bytes | IES Pino Manso (O Porriño, Pontevedra) |
47 | Motor rotativo | IES Pino Manso (O Porriño, Pontevedra) |
48 | Malware | IES Pino Manso (O Porriño, Pontevedra) |
49 | Ciencia Viva | Colexio Internacional SEK Atlántico (Poio, Pontevedra) |
50 | Apollo 5 | Colexio Internacional SEK Atlántico (Poio, Pontevedra) |
51 | pirados | Colexio Internacional SEK Atlántico (Poio, Pontevedra) |
52 | Amperios de Maxwell | Colexio Internacional SEK Atlántico (Poio, Pontevedra) |
53 | 100tíficos | Colexio Internacional SEK Atlántico (Poio, Pontevedra) |
54 | AquiSteam | IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis, Pontevedra) |
Máis información en https://challengestem.gal/