O equipo Team Cantabria Fuente Fresnedo gaña a I Carreira Greenpower de Galicia nas categorías F24 e F24+

Ferrol, 8 de maio de 2024.- O equipo Team Cantabria Fuente Fresnedo do IES Fuente Fresnedo de Laredo (Cantabria) vén de gañar a I Carreira Greenpower de Galicia tanto na categoría F24, de 11 a 16 anos, coma na categoría F24+, de 16 a 25 anos. O campionato, organizado pola Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), baixo o paraugas do Campus Industrial da Universidade da Coruña e en colaboración coa Escudaría As Pontes Motorsport, reuniu, este sábado 8 de xuño, a 10 equipos de Galicia, Asturias, Cantabria e de Madrid no circuíto de karting das Pontes.

O obxectivo da carreira é o de percorrer o maior número de quilómetros sen que se lle esgote a batería a un coche eléctrico construído “desde cero” polo estudantado de ESO, Bacharelato, FP e de universidade participante ou botando man dun kit básico proporcionado por Greenpower Iberia que inclúe as rodas, os eixos dianteiro e traseiro, o chasis, o motor así como un par de baterías. Deste xeito, non gaña o equipo máis rápido senón aquel que conduce do xeito máis eficiente e sustentable posible.

Os equipos participantes na categoría F24, de 11 a 16 anos, tiveron que superar dúas probas de resistencia de 90 minutos de duración cada unha no circuíto de karting situado no Concello das Pontes, cambiado de condutor ou condutora de xeito obrigatorio nalgún momento da proba. Os equipos participantes na categoría F24+ tiveron que superar tamén outras dúas probas de resistencia de 60 minutos de duración sen a obriga de mudar de condutor ou condutora do vehículo en ningún momento do percorrido.

Podio – Categoría F24

(de 11 a 16 anos)

Primeiro Premio – Team Cantabria Fuente Fresnedo, IES Fuente Fresnedo (Laredo, Cantabria)

Segundo Premio – Greenpower Tajamar – Black Sparks, Colegio Tajamar (Puente de Vallecas, Madrid)

Terceiro Premio – Comet Gen, Asociación Llume Yerbata (Bimenes, Asturias)

Podio – Categoría F24+

(de 16 a 25 anos)

Primeiro Premio – Team Cantabria Fuente Fresnedo, IES Fuente Fresnedo (Laredo, Cantabria)

Segundo Premio –  Abrente Gp, IES O Ribeiro (Ribadavia, Ourense)

Terceiro Premio –  Kastro Sport Team, IES Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)

Best Presented Team – Kartxunquiño, CIFP A Xunqueira (Pontevedra)

Best Bodywork  – ViVeiRo KRt & Co, IES María Sarmiento (Viveiro, Lugo)

Greenest Bodywork  – Kartlonga, IES Vilalonga (Sanxenxo, Pontevedra)

Best Engineered Car  – ORDES AUTOMOCIÓN, IES Ordes (Ordes, A Coruña)

Best Engineered Kit Car  – EPEF Racing Team, Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol – Universidade da Coruña (Ferrol, A Coruña)

Spirit of Greenpower   – Comet Gen, Asociación Llume Yerbata (Bimenes, Asturias)

Ao acto de inauguración da I Carreira Greenpower de Galicia asistiron, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas; o alcalde do Concello das Pontes, Valentín González Formoso; a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros Barros; o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez; o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz Casás; o representante de Greenpower Iberia, Paul Alan Riley; así como varios representantes da Escudaría As Pontes Motorsport, entre outras autoridades.

Colaboran nesta iniciativa, a Deputación da Coruña, o Concello de Ferrol, o Concello das Pontes, o grupo Intaf, o concesionario Renault Caetano Fórmula Galicia, o IES Plurilingüe Castro da Uz e a Carpintería Madesa das Pontes xunto con Supermercados Gadis.

Foto de familia dos 10 equipos participantes da I Carreira Greenpower de Galicia que tivo lugar este sábado 8 de xuño no circuíto de karting da man da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), baixo o paraugas do Campus Industrial da Universidade da Coruña e en colaboración coa Escudaría As Pontes Motorsport.

 Podio dos tres equipos gañadores na Categoría F24, Team Cantabria Fuente Fresnedo, do IES Fuente Fresnedo (Laredo, Cantabria), Greenpower Tajamar – Black Sparks, do Colegio Tajamar (Puente de Vallecas, Madrid) e Comet Gen, Asociación Llume Yerbata (Bimenes, Asturias)

Podio dos tres quipos gañadores na Categoría F24+, Team Cantabria Fuente Fresnedo, IES Fuente Fresnedo (Laredo, Cantabria), Abrente Gp, IES O Ribeiro (Ribadavia, Ourense) e Kastro Sport Team, IES Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)