O experto en Contraintelixencia, Seguridade e Defensa, Jorge Gómez, imparte este venres un seminario no Campus Industrial de Ferrol

Ferrol, 10 de febreiro de 2026.- O experto en Contraintelixencia, Seguridade e Defensa, Jorge Gómez, imparte, este venres 13 de febreiro, ás 10:00 horas, no Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol, convidado pola coordinación e mais polo alumnado do Grao en Relacións Internacionais, o seminario “O poder do relato. Tecnoloxía e Intelixencia Humint ao servizo da desinformación”, centrado nos novos modelos de conflito e na denominada “Gray Zone” (en galego, “zona gris”). A proposta formativa inclúe tamén un obradoiro sobre negociación baixo presión.

Jorge Gómez (Redondela, 1962) é un oficial da Armada na reserva, especialista en Submarinos, e ex membro do Centro Nacional de Intelixencia (CNI) e do seu predecesor, o Centro Superior de Información da Defensa (CESID). Desde o ano 2018 preside a compañía de intelixencia privada High Strategies Intelligence (HSI). Tamén é membro do Consello Asesor do Instituto MESIAS – Inteligencia de Marca España nos campos da Intelixencia e da Ciberseguridade, ademais de consultor privado no eido da Contraintelixencia e no do desenvolvemento de programas Insider Threat. Hai pouco máis dun ano publicou o seu primeiro libro, “Los secretos de la Contrainteligencia” (La Esfera de los Libros, 2025).

Este seminario está dirixido ao alumnado do grao en Relacións Internacionais, titulación que se imparte na Facultade de Humanidades de Documentación do Campus Industrial de Ferrol, a toda a comunidade universitaria e ao público xeral interesado ata completar o aforo do Salón de Graos.

Jorge Gómez imparte, este venres 13 de febreiro, ás 10:00 horas, unha conferencia no Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación
Jorge Gómez imparte, este venres 13 de febreiro, ás 10:00 horas, unha conferencia no Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación