Representantes das universidades e organismos europeos que impulsan o máster Erasmus Mundus RESCO visitan o Campus Industrial de Ferrol

Ferrol, 23 de xaneiro de 2024.- A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas; o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez González; e o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz Casás; recibiron este martes, na Vicerreitoría, aos representantes das cinco universidades e organismos europeos que conforman o consorcio que está a pór en marcha o Máster Erasmus Mundus Renewable Energy and Sustainable Construction (RESCO).

Por parte da Universidade da Coruña, coordinarán este título internacional os profesores José Luis Calvo Rolle e Pablo Rodríguez Vellando. Está previsto que a docencia deste máster Erasmus Mundus se imparta entre a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos do Campus da Coruña.

Forman parte deste consorcio europeo a Universidade de Miño (Portugal), o Instituto Nacional das Ciencias Aplicadas – INSA (Francia), a Universidade de Le Havre (Francia), a Universidade de Economía e Tecnoloxía de Budapest (Hungría) e a Universidade da Coruña (España).

Foto de familia diante do edificio da Vicerreitoría do Campus de Ferrol.
Foto de familia diante do edificio da Vicerreitoría do Campus de Ferrol.