Un alumno da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) gaña o concurso de carteis da I Feira de Formación e Educación de Ferrol

Ferrol, 20 de outubro de 2025.- Xabier Argiz González, alumno do grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto, titulación que se imparte na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), foi o gañador do concurso de carteis da I Feira de Formación e Educación que promove, o xoves 6 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 17:30 horas, no Auditorio Municipal, o Concello de Ferrol en colaboración coa Universidade da Coruña (UDC), a través do Campus Industrial.

O pasado xoves 16 de outubro, o alcalde do Concello de Ferrol, José Manuel Rey, e a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, recibían, xunto co tenente alcalde e concelleiro Promoción Económica e Emprego, Javier Díaz, e a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística, Patricia Cons, a este alumno do Campus Industrial de Ferrol logo da presentación da feira e do cartel ante os medios de comunicación.

Nun acto informal, fixéronlle entrega dun cheque por valor de 250 euros e o correspondente diploma acreditativo. A súa proposta foi elixida entre un total de 25 deseños, todos eles elaborados por alumnado da Universidade da Coruña (UDC).

Xabier Argiz González recibiu, o pasado 16 de outubro, logo da rolda de prensa de presentación do evento o do cartel, un cheque por valor de 250 euros e o correspondente diploma acreditativo
Xabier Argiz González recibiu, o pasado 16 de outubro, logo da rolda de prensa de presentación do evento o do cartel, un cheque por valor de 250 euros e o correspondente diploma acreditativo