A Sala de Exposicións Carlos III da Fundación Exponav acolle mañá unha nova conferencia da Cátedra Jorge Juan coa construción naval 5.0 como protagonista

Cartel da conferencia de mañá do programa promovido pola Cátedra Jorge Juan durante este curso

Ferrol, 21 de marzo de 2022.- A Sala de Exposicións Carlos III da Fundación Exponav acolle mañá, martes 22 de marzo, ás 19:00 horas, a conferencia do director de Tecnoloxía e Transformación Dixital, Sistemas e Servizos de Navantia, Donato Martínez Pérez de Rojas, titulada “Rumbo hacia una Construción Naval 5.0”, no marco da Cátedra Jorge Juan que dirixe o profesor Pablo Fariña.

A construción naval é un negocio industrial eminentemente cíclico. Os investimentos prodúcense en momentos nos que melloran as expectativas dos armadores no sector civil e das administracións no sector de defensa e seguridade. Tal e como recoñece o propio Martínez Pérez de Rojas, estes ciclos xeran unha tensión elevadísima sobre os estaleiros que requiren aumentar a súa capacidade en momentos expansivos e reducila naqueles de menor investimento. Polo que, a continuidade e o crecemento do sector pasa por orientarse cara a Construción Naval 5.0, argumenta.