A Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos convoca unha nova edición dos Premios á Innovación Navantia para Traballos Fin de Máster nos ámbitos naval e industrial

Ferrol, 27 de outubro de 2023.- A Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos, adscrita á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), vén de publicar as bases da última convocatoria dos Premios á Innovación Navantia, no que poderán participar todos aqueles Traballos Fin de Máster (TFM) desenvolvidos nos eidos da enxeñaría naval e industrial que obtivesen a cualificación de sobresaínte ou matrícula de honra no curso 2022/23 e que non teñan cláusula de confidencialidade. O traballo fin de máster galardoado recibirá un premio de 1.500 euros e o seu correspondente diploma acreditativo. O prazo para presentar as solicitudes remata o vindeiro venres 3 de novembro. Máis información no correo electrónico catedra.navantia@udc.es.

Convocatoria – Premio á Innovación Navantia para Traballos Fin de Máster (Curso 2022/23)