A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol reúnese co tecido empresarial e asociativo da comarca e de Galicia para reformular tres dos seus títulos de grao

Ferrol, 21 de xullo de 2023.- Ao longo desta semana, o equipo directivo da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) reuniuse de xeito telemático e presencial con representantes de distintas empresas e asociacións do eido da enxeñaría a nivel comarcal e autonómico para traballar de forma conxunta na reformulación dos títulos de grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, en Enxeñaría Eléctrica e en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática tal e como esixe a Secretaría Xeral de Universidades dependente da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Nestas reunións de traballo participaron representantes das empresas Gabadi, CT Ingenieros, 3 Decimal, Ghenova, Anta Norte, Finsa, Grupo Intaf, Quest Global e Siemens, así como da Autoridade Portuaria, da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER) e máis do Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal).

 A Sala de Xuntas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acolleu este venres unha das reunión presenciais vinculada á reformulación de tres dos cinco títulos de grao que oferta o centro.
A Sala de Xuntas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) acolleu este venres unha das reunión presenciais vinculada á reformulación de tres dos cinco títulos de grao que oferta o centro.