A exposición de Manos Unidas sobre como combater as desigualdades poderase visitar no Campus Industrial de Ferrol ata o 19 de decembro

Ferrol, 25 de novembro de 2022.- A Sala de Exposicións do Centro Cultural Universitario do Campus Industrial de Ferrol acolle, este luns 28 de novembro, ás 11:00 horas, o acto de  inauguración da exposición de Manos Unidas “A nosa indiferenza condénaos ao esquecemento” que promove a Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña no marco da actividade de sensibilización “Mes polos DDHH”.

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, e a presidenta de Manos Unidas Mondoñedo Ferrol, María Ángeles Losada, inauguran unha exposición que amosa, a través de doce paneis, como traballa esta organización para combater as desigualdades, porqué é posible actuar e como facelo sen deixar a ninguén atrás. Está previsto que tamén asistan ao acto, a subdelegada e a secretaria de Manos Unidas Mondoñedo Ferrol, Remedios Rey e María Fernanda Losada, respectivamente.

Máis actividades no “Mes polos DDHH”

Para conmemorar o Día Mundial dos Dereitos Humanos (10 de decembro), a Universidade da Coruña, a través da Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV), promove a actividade de sensibilización “Mes polos DDHH” na que se inclúe a realización de varias dinámicas participativas dirixidas a toda a comunidade universitaria, no Centro Cultural Universitario do Campus Industrial de Ferrol, o vindeiro mércores 30 de novembro, de 13:00 a 14:30 horas. Do mesmo xeito, a Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación acolle, o xoves 1 de decembro, ás 13:00 horas, a conferencia “Os dereitos humanos: marco indispensable para o desenvolvemento humano e os ODS” impartida pola técnico de Estudos de Manos Unidades, María José Hernando. Por último, o luns 12 de decembro, o centro acolle o relatorio “Os dereitos das persoas traballadoras na industria da moda” da man da coordinadora do movemento Fashion Revolution Spain, Nadègue Seguín.

A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña promove varias actividades no marco do Proxecto de Sensibilización no Campus Industrial de Ferrol, entre elas, o “Mes polos DDHH”. O rosco é unha das dinámicas que maior acollida ten por parte da comunidade universitaria e con ela trabállanse distintas temáticas relacionadas cos seus ámbitos de traballo tales como a educación para a cidadanía global, a xustiza social...
A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña promove varias actividades no marco do Proxecto de Sensibilización no Campus Industrial de Ferrol, entre elas, o “Mes polos DDHH”. O rosco é unha das dinámicas que maior acollida ten por parte da comunidade universitaria e con ela trabállanse distintas temáticas relacionadas cos seus ámbitos de traballo tales como a educación para a cidadanía global, a xustiza social…