A novena edición da FIRST LEGO League Galicia reunirá no Campus Industrial de Ferrol a máis de 300 mozos e mozas de toda a comunidade

Ferrol, 24 de febreiro de 2023.- A Universidade da Coruña organiza, por noveno ano consecutivo, a FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia), o vindeiro sábado 4 de marzo, no Campus Industrial de Ferrol, entre as 09:00 e as 18:00 horas. Nesta edición, participan un total de 44 equipos (22 na categoría FLL Challenge, 21 na FLL Explore e 1 na FLL Discover) e máis de 300 mozos e mozas de toda Galicia. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra Permuy, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia.

A sala anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolleu este venres a presentación desta novena edición á que asistiron a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla Fernández, a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao Rodríguez, o concelleiro delegado da Área de Cultura, Educación, Universidade, Deportes e Festas do Concello de Ferrol, Antonio Golpe Díaz, a directora do Campus Industrial, Ana Ares Pernas, e o director comisionado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Andrés Piñón Pazos.

Na súa intervención, o coordinador da FIRST LEGO League Galicia, José Antonio Becerra Permuy, explicou que, nesta novena edición, o torneo volve ao Campus Industrial de Ferrol xa que as presentacións dos Proxectos de Innovación se farán nas aulas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación mentres que o Xogo do Robot se disputará no Pavillón de Esteiro e a entrega de premios terá lugar, en horario de tarde, no Auditorio de Ferrol. Do mesmo xeito, lembrou que a primeira edición tivo lugar no Salón de Actos Concepción Arenal do campus ferrolán, a segunda no campus da Coruña, e, desde a terceira ata a actualidade, no Auditorio Municipal de Ferrol e no Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño agás no ano 2021 que foi integramente en liña por mor da COVID-19.

Como cada ano, colaboran nesta iniciativa a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego – dependente da Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade –, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gadis, R Cable, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.

Listaxe FIRST LEGO League Galicia Challenge

Equipo Nome Colexio
1 Academia Galespace Academia GaleSpace (Ourense)
2 ROBOT CITY POBRA MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
3 MEGA BUILDER TEAM MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
4 MEGA RIBEIRA SUPER LEGO MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
5 Elementals CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)
6 Peña Bots 1 Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)
7 Peña Bots 2 Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)
8 PATHFINDERS Colexio Internacional Eirís (A Coruña)
9 STEAM GIRLS Las Acacias Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
10 Las Acacias BOT Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
11 MontBOT Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
12 Energy BOT Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
13 Las Acacias Booster Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
14 Catabótica IES Catabois (Ferrol, A Coruña)
15 Infinity Montespiño Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)
16 Infinity Montespiño II Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)
17 H4CKZ4POS Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
18 R4PZ4POS Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
19 3L3CTRICZ4POS Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
20 CTRL+ T IES As Telleiras (Narón, A Coruña)
21 OS ROBOTS DO PAZO IES de Fene (Fene, A Coruña)
22 Lego electrics CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

 

Listaxe FIRST LEGO League Explore

Equipo Nome Colexio
1 MEGA BUILDER TEAM JR. MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
2 EQUIPO LEGO CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
3 AMIGOS DE LEGO CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
4 RAINBOW FRIENDS CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
5 ROBOPATO CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
6 LEGO STAR CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
7 LEGO HARRY CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
8 ROBOT CITY POBRA JR MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
9 ROBOT CITY POBRA BENJAMÍN MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
10 Lego electrics CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
11 Rayos de poca monta Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
12 Legoblocks Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
13 GAZABOTS Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
14 MAKER LEGO LAR Colexio Lar (Mos, Pontevedra)
15 STAR LEGO LAR Colexio Lar (Mos, Pontevedra)
16 Los legueros eléctricos CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados, Pontevedra)
17 Superlego CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados, Pontevedra)
18 Reyes del Lego CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados, Pontevedra)
19 Equipo celta CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados, Pontevedra)
20 The Lightnings CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)
21 Robotek CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)

 

Listaxe FIRST LEGO League Discover

Equipo Nome Colexio
1 Guillelminos Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
Foto de familia dos representantes das entidades e empresas que colaboran na novena edición da FIRST LEGO League Galicia organizada pola Universidade da Coruña a través da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e do Campus Industrial.
Foto de familia dos representantes das entidades e empresas que colaboran na novena edición da FIRST LEGO League Galicia organizada pola Universidade da Coruña a través da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e do Campus Industrial.