A profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, Sonia Zaragoza, nova directora da Cátedra Jorge Juan que promoven a UDC e a Armada

Ferrol, 25 de outubro de 2023.- A profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Sonia Zaragoza, releva ao capitán de navío e comandante-director da Escola de Especialidades da Estación Naval da Graña, José Luis Guevara Romero, na dirección da Cátedra Jorge Juan que promoven a Universidade da Coruña e a Armada. A Sala Carlos III de Exponav acolle hoxe, mércores 25 de outubro, ás 19:00 horas, un acto de relevo ao que está previsto que asistan, entre outras autoridades, o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, o almirante xefe do Arsenal Militar de Ferrol, vicealmirante Ignacio Frutos Ruíz, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, e a directora do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Ana Ares.

Sonia Zaragoza é profesora na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e investigadora individual no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial de Ferrol. Nos últimos anos, compaxinou o seu labor docente e investigador con varios cargos de xestión na Universidade da Coruña, sendo o último deles o de Adxunta a Transferencia da Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia.

Francisco Vázquez imparte a última conferencia do ciclo 2022/23

Unha vez rematado o acto de relevo, o exembaixador na Santa Sé e exalcalde da Coruña, Francisco Vázquez Vázquez, impartirá a última das conferencias do ciclo 2022/23 da Cátedra Jorge Juan titulada “1001 historias de galegos na 2ª Guerra Mundial”. A entrada é libre ata completar o aforo.

Sonia Zaragoza é profesora na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e investigadora individual no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) do Campus Industrial de Ferrol. Nos últimos anos, compaxinou o seu labor docente e investigador con varios cargos de xestión na Universidade da Coruña sendo o último deles o de Adxunta a Transferencia da Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia.