As responsables do Departamento de Documentación do Museo do Traxe de Madrid imparten este mércores un seminario no Campus Industrial de Ferrol

Ferrol, 23 de outubro de 2023.- A Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolle, este mércores, 25 de outubro, ás 12:00 horas, un seminario profesional impartido pola xefa do Departamento de Documentación do Museo do Traxe. Centro de Investigación do Patrimonio Etnolóxico e responsable da colección de Fondos Documentais, Clara Berástegui Pedro-Viejo, e máis pola técnico do Departamento de Documentación deste museo madrileño e integrante do Corpo Facultativo de Conservadores de Museos do Estado, Laura Jiménez Izquierdo.

O Museo do Traxe. Centro de Investigación do Patrimonio Etnolóxico de Madrid é un museo de titularidade estatal dependente do Ministerio de Cultura de Deporte. A súa principal función é a conservación, protección e promoción do coñecemento do patrimonio etnolóxico, integrado por todos aqueles testemuños que constitúen expresións relevantes de distintos aspectos da cultura dos distintos pobos de España.

Aínda que as súas coleccións son amplas e heteroxéneas, o Museo do Traxe. Centro de Investigación do Patrimonio Etnolóxico amosa dun xeito moi salientable a evolución histórica da indumentaria, analizando as súas implicacións técnicas, sociais, ideolóxicas e creativas a través da diversidade e o continuo cambio do xeito de vestir. A exposición permanente do Museo, renovada e inaugurada en 2021, amosa máis de 1.000 pezas aínda que estas só supoñen o 1% do total da súa colección.

O seminario profesional impartido polas responsables do Departamento de Documentación do Museo do Traxe. Centro de Investigación do Patrimonio Etnolóxico está dirixido ao alumnado do grao en Xestión Dixital de Información e Documentación e ao do grao en Xestión Industrial da Moda, dúas das tres titulacións de grao que se imparten na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol. Con todo, a proposta formativa está aberta a toda a comunidade universitaria e ao público xeral interesado quen pode obter máis información enviando un correo electrónico a comunicacion.campus.industrial@udc.gal ou ben chamando ao 881 01 3621. A actividade enmárcase dentro do Programa de Seminarios Profesionais que financia o Campus Industrial da Universidade da Coruña.

A Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolle este mércores 25 de outubro, ás 12:00 horas, un seminario profesional impartido polas responsables do Departamento de Documentación do Museo do Traxe. Centro de Investigación do Patrimonio Etnolóxico de Madrid, Clara Berástegui Pedro-Viejo e Laura Jiménez Izquierdo, e dirixido ao alumnado do grao en Xestión Dixital de Información e Documentación e ao do grao en Xestión Industrial da Moda. A proposta formativa está aberta tamén a toda comunidade universitaria e ao público xeral interesado.