Green Campus Ferrol
© Silas Baisch on Unsplash
Auga e enerxía
OPTIMIZACIÓN DO CONSUMO DE AUGA
A auga é un recurso imprescindíbel para o desenvolvemento da vida no planeta. É importante saber que a auga ocupa tres cuartas partes do planeta, pero a cantidade de auga doce é unicamente un 3% e desta, só un 0,3% é axeitada para o consumo humano. Polo tanto, aforrar auga é esencial.
– Que podemos facer?
- Dúchate en vez de bañarte: encher a bañeira precisa aproximadamente 200 litros, mentres que unha ducha de cinco minutos gasta a cuarta parte.
- Non uses o inodoro como lixo: pódense atascar as tuberías incrementando o consumo de auga. Non tires toallitas non degradables e bastoncillos, son algúns dos produtos que máis contaminan. Cada vez que se tira da cadea consúmense 10 litros de auga.
- Non utilices papel hixiénico con tintes e perfumes: son altamente contaminantes.
- Aposta pola eficiencia enerxética dos electrodomésticos: fíxate no consumo de auga dos electrodomésticos antes de mercalos.
- Utiliza os electrodomésticos: gástase moita menos auga utilizando un electrodoméstico que lavando a man. Lavar a louza gasta entre 120 litros coa billa aberta, fronte aos 25 litros de auga ao por un lavalouzas cheo.
- Pechar ben as billas: unha billa mal pechada supón perder 50 litros de auga diarios.
- Non deixes correr a agua durante o afeitado ou lavado dos dentes: aforras ata 12 litros de auga.
- Utiliza os electrodomésticos cheos.
- Lava o coche nunha estación de lavado ou cun cubo e un trapo: consúmese 10 veces menos de agua que usando unha mangueira, que consume 500 litros de auga.
AFORRO DE ENERXÍA
O aforro de enerxía eléctrica é un elemento fundamental para o aproveitamento dos recursos enerxéticos, que permite optimizar o uso dos nosos artefactos eléctricos e aumentar a vida útil dos mesmos. Ao aforrar enerxía estamos diminuíndo o gran consumo de combustible que require a xeración de electricidade, e da mesma forma estamos evitando a emisión de gases que contaminan a nosa atmósfera. Polo tanto, o aforro de enerxía é unha das mellores formas para contribuir a frenar o cambio climático, evitando a produción adicional de enerxía e de emisións á atmosfera.
– Vantaxes de aforrar enerxía
- Mellora da economía dos fogares: reduce a factura eléctrica.
- Reduce os problemas de saúde: ao reducir o dano ambiental que producen as emisións de gases de efecto invernadoiro e partículas
- Mellora o medio ambiente: diminúe o consumo de recursos naturais
– Que podemos facer?
Un cambio dos hábitos e actitudes poden favorecer unha maior eficiencia no uso da electricidade, o empleo racional dos recursos enerxéticos, e a preservación do noso entorno natural.
- Aproveita a luz natural: abre as cortinas ou as persianas.
- Apaga a luz antes de saír dunha habitación: ilumina só os lugares onde se precise.
- Apaga a pantalla do ordenador: un ordenador sen apagar pode representar ata un 70% do consumo diario. Diminúe o brillo e o contraste da pantalla.
- Apaga os equipos eléctricos: desenchufa os alimentadores de corrente ao final da xornada.
- Utiliza lámpadas de consumo LED: o seu consumo de enerxía é 10 veces menor.
- Non introduzas alimentos quentes na neveira: evitarás un consumo de enerxía innecesario.
- Usa a lavadora e lavalouzas cheos: aforrarás auga e electricidade.
- Utiliza as escadas en vez do ascensor, sempre que sexa posible.
- Compra alimentos de tempada e produción local: non requiren un consumo extra de combustibles e electricidade.
- Desconxela o refrixerador: o xeo crea un illamento que pode acarrear un 20% extra de consumo eléctrico. Asegúrate de que as portas sempre quedan ben pechadas.
- Utiliza electrodomésticos modernos de baixo consumo: a diferencia de prezo cos electrodoméstico de alto consumo eléctrico compénsase co aforro de enerxía a longo prazo.