Axudas para financiar estadías de persoal investigador visitante senior
Esta acción pretende atraer ao Campus Industrial de Ferrol persoal investigador de centros estranxeiros de prestixio excepcional, con obxecto de impulsar a internacionalización, estimulando a colaboración científica entre eles e o persoal investigador do Campus Industrial de Ferrol. Tamén se pretende fomentar o intercambio e actualización de coñecementos entre as persoas investigadoras do Campus Industrial de Ferrol e a persoa investigadora visitante. O obxectivo é ademais que destas colaboracións poidan resultar actividades investigadoras que se concreten en proxectos de investigación e publicacións de alto impacto, á vez que se amplíe a oferta formativa do Campus Industrial de Ferrol en áreas de recoñecemento internacional que supoñan un alto valor engadido para a nosa universidade.
Para iso convócanse para cubrir os gastos de viaxe e estadía da persoa investigadora. As visitas deben ter unha duración mínima dun mes e máxima de seis. As axudas comprenderán dous conceptos: a axuda para a estancia, destinada aos gastos de aloxamento e manutención, e a axuda para a viaxe, destinada aos gastos da viaxe.
As datas de realización da visita estarán comprendidas entre o 01 de maio e o 30 de outubro de 2023.
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días desde a data de publicación desta convocatoria na páxina web do Campus Industrial de Ferrol:
CONVOCATORIA (Publicada 09/05/2023)
SLDLKSJF