Axudas para a mobilidade internacional do persoal adscrito ao Campus Industrial de Ferrol 2026

Axudas para a mobilidade internacional do persoal adscrito ao Campus Industrial de Ferrol 2026 

Esta acción pretende incentivar a mobilidade internacional co fin de realizar estadías docentes ou de investigación, alcanzar a mención de doutoramento internacional no caso das persoas adscritas en formación, conseguir colaboracións con outras entidades a nivel internacional, motivar a participación do persoal investigador do Campus Industrial de Ferrol en proxectos no marco de convocatorias europeas e internacionais, e apoiar o deseño de actividades formativas internacionais.

As mobilidades que se financian nesta convocatoria terán unha duración mínima dun mes e unha duración máxima de tres meses.

Contías:
  • Importe máximo da convocatoria: 35.500 €
  • Financiación máxima por mobilidade: 4.000 €
  • Financiación máxima por mes: 2.000 €
Que se pode financiar?

Estas axudas están destinadas a cubrir total ou de xeito parcial os gastos de:

  1. Viaxe
  2. Aloxamento
  3. Manutención

das personas beneficiarias que realicen as mobilidades nunha institución extranxeira.

Data de realización:

Do 1 de Xaneiro ao 15 de outubro 2026

 

Enlace á convocatoria (Data de publicación 10/04/2026)

Anexo I

Anexo II

Anexo III

Anexo IV

 

Resolucións: