Esta acción pretende incentivar a internacionalización do Campus Industrial de Ferrol e por extensión da Universidade da Coruña (UDC), mediante a mobilidade internacional do persoal
docente e investigador (PDI) adscrito a este campus, co fin de realizar estadías docentes e/ou de investigación e conseguir colaboracións con outras entidades do estranxeiro.
Tamén se pretende incentivar a participación do persoal investigador do Campus Industrial de Ferrol en proxectos europeos e apoiar o deseño de actividades formativas internacionais.
Con esta acción compleméntase a convocatoria de axudas á internacionalización da UDC financiadas polo Campus Industrial de Ferrol na súa acción VI («Axudas para a mobilidade internacional do persoal docente e investigador adscrito ao Campus Industrial de Ferrol»), que se publicou con data do 18/01/2022.
A diferenza con estas axudas en que se financian estadías de aproximadamente un mes é que nesta convocatoria se financian estadías máis longas (de entre un e tres meses) ou visitas.
- Listaxe solicitudes aprobadas 13/06/2022
- Listaxe solicitudes aprobadas 20/06/2022
- Listaxe solicitudes aprobadas 22/07/2022
- Listaxe solicitudes aprobadas 28/07/2022
- Listaxe solicitudes aprobadas 09/08/2022
- Anuncio da convocatoria (Sede Electrónica da Universidade da Coruña)
Financiado por Convenio Xunta de Galicia-Universidade da Coruña