Axudas para a mobilidade internacional

Axudas para a mobilidade internacional do persoal adscrito ao Campus Industrial de Ferrol

Esta acción pretende incentivar a internacionalización do Campus Industrial de Ferrol e por extensión da Universidade da Coruña, mediante a mobilidade internacional, do persoal adscrito a este campus, co fin de realizar estadías docentes ou de investigación, así como asistencia a congresos e eventos, e conseguir colaboracións con outras entidades a nivel internacional, motivar a participación do persoal investigador do Campus Industrial de Ferrol en proxectos no marco de convocatorias europeas e internacionais, e apoiar o
deseño de actividades formativas internacionais.
As mobilidades que se financian nesta convocatoria son as seguintes:
a) Estadías de entre un e dous meses.
b) Visitas de entre un e trinta días.
c) Asistencia a congresos ou eventos.

Enlace á convocatoria