Axudas para a mobilidade nacional do persoal adscrito ao Campus Industrial de Ferrol 2025 [Aberta]

Axudas para a mobilidade nacional do persoal adscrito ao Campus Industrial de Ferrol 2025

Esta acción ten como obxectivo fomentar a participación do persoal investigador adscrito ao Campus Industrial de Ferrol e tamén das persoas que se atopan na fase inicial da súa carreira investigadora (predoutoral, posdoutoral)  en proxectos no marco das convocatorias nacionais e internacionais, e iniciar colaboracións con outras entidades universitarias ou empresariais a nivel nacional. A duración mínima das actividades financiadas neste caso, será dun mes.

Importes:
  • Importe máximo: 10.000 €
  • Importe máximo por mobilidade: 2.000 €
  • Importe máximo por mes: 1.000 €
Que se financia?

Estas axudas están destinadas a cubrir a totalidade ou parte de:

  1. viaxe
  2. aloxamento
  3. gastos de manutención

dos beneficiarios que realizan as mobilidades no territorio nacional.

Data de realización:

Do 1 de Xaneiro ao 15 de outubro de 2025

 

Enlace á convocatoria (Data de publicación 26/03/2025)

Anexo I

Anexo II

Anexo III

Anexo IV

Resolucións:

Resolución Provisional Marzo

Resolución Definitiva Marzo

Resolución Provisional Abril

Resolución Definitiva Abril

Resolución Provisional Xullo

Resolución Definitiva Xullo

Resolución Provisional Outubro

Resolución Definitiva Outubro