Axudas para a mobilidade nacional

Axudas para a mobilidade nacional do persoal adscrito ao Campus Industrial de Ferrol

Esta acción pretende incentivar a formación continua do persoal adscrito ao Campus Industrial de Ferrol mediante a súa mobilidade nacional, co fin de realizar actividades de formación, asistencia a eventos e congresos en entidades a nivel nacional. Deste modo tamén se pretende incentivar a participación do persoal investigador do Campus Industrial de Ferrol en proxectos no marco de convocatorias nacionais e internacionais, e iniciar colaboracións con outras entidades universitarias ou empresariais a nivel nacional.
As mobilidades que se financian nesta convocatoria son as seguintes:
a)Estadías de entre un e dous meses.
b)Visitas de entre un e trinta días.
c)Asistencia a congresos ou eventos.

Enlace á convocatoria

Listaxe de solicitudes aprobadas