Axudas para a publicación en aberto destinadas ao persoal investigador adscrito ao Campus Industrial de Ferrol 2024
Esta acción pretende facilitar que o persoal investigador adscrito ao Campus Industrial de Ferrol (CIF) difunda os seus resultados de investigación mediante a publicación en revistas en aberto, de pago, aumentando así a súa visibilidade, a do CIF e, por extensión, da Universidade da Coruña.
Tamén se busca apoiar á obrigatoriedade de publicar neste tipo de revistas por parte dalgunhas convocatorias de financiación de proxectos.
Por outra parte, esta acción contribúe a alcanzar o indicador do CIF de número de publicacións en revistas Q1 do JCR.
Enlace á convocatoria (Data de publicación 16/05/2024)
Anexo II- Aceptación ou renuncia e declaración axudas outros fins
Resolucións: