Axudas para a publicación en aberto destinadas ao persoal investigador adscrito ao Campus Industrial de Ferrol 2025

Axudas para a publicación en aberto  destinadas ao persoal investigador adscrito 2025

Esta acción pretende facilitar que o persoal investigador adscrito ao Campus Industrial de Ferrol (CIF) difunda os seus resultados de investigación mediante a publicación en revistas en aberto, de pago, aumentando así a súa visibilidade, a do CIF e, por extensión, da Universidade da Coruña.

Tamén se busca apoiar á obrigatoriedade de publicar neste tipo de revistas por parte dalgunhas convocatorias de financiación de proxectos.

Por outra parte, esta acción contribúe a alcanzar o indicador do CIF de número de publicacións en revistas Q1 do JCR.

Contías:
  • Importe máximo da convocatoria: 5.000 €
  • Importe máximo por solicitude: 1.000 €
Que se financia?

Pago total, impostos incluídos, do importe parcial dos gastos de publicación en aberto de artigos que se publiquen en revistas listadas no último JCR publicado dentro do primeiro cuartil (Q1), priorizando as publicadas no primeiro decil (D1)

Datas

A data de publicación dos artigos debe estar comprendida entre o 01 de xaneiro e o 31 de outubro de 2025.

Enlace á convocatoria (Data de publicación 15/05/2025)

Anexo I

Anexo II