Axudas para a realización de proxectos en colaboración
Esta acción pretende financiar proxectos de investigación de corta duración e orzamento que sexan altamente disruptivos e que sexan levados a cabo por persoal investigador adscrito ao Campus Industrial de Ferrol (CIF) e que sirvan de inicio a proxectos de maior envergadura aumentando a competitividade de cara á captación de fondos en convocatorias nacionais ou internacionais.
Buscase tamén aumentar a colaboración entre persoas investigadoras adscritas ao Campus Industrial de Ferrol.
Resolucións:
30-03-23 Resolución provisional
11-04-23 Resolucion definitiva
Imaxe: rawpixel.com