Axudas para ao doutoramento industrial do Campus Industrial

Na súa aposta pola especialización, o Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC) promove estas axudas para a formación en empresas da contorna de doutores/as matriculados/as nos programas de doutoramento deste campus, naquelas áreas especialmente interesantes para o Campus Industrial de Ferrol pola súa consideración de estratéxicas dentro da planificación da entidade:

a) Robótica industrial

b) Materiais

c) Optimización de procesos industriais

d) Enxeñaría naval e offshore

e) Xestión industrial

f) Desenvolvemento do produto

Concederanse dúas axudas para a incorporación de dous/dúas estudantes de programas oficiais de doutoramento do Campus Industrial de Ferrol con base en proxectos de investigación que se desenvolvan neste campus e que impliquen unha colaboración directa entre unha empresa e un/unha investigador/a adscrito/a ao Campus Industrial de Ferrol.

Financiado por Convenio Xunta de Galicia-Universidade da Coruña