Axudas para financiar visitas de persoal investigador de institucións estranxeiras invitado polo persoal investigador permanente ou non permanente adscrito ao Campus Industrial de Ferrol
Esta acción pretende incentivar a visita ao Campus Industrial de Ferrol (CIF) de persoal investigador de institucións estranxeiras de recoñecido prestixio con vistas a favorecer a internacionalización deste campus e as relacións con outras entidades internacionais.
Financiaranse visitas que sirvan para promover reunións de traballo e permitan continuar proxectos conxuntos ou iniciar novas colaboracións para potenciar os indicadores de investigación do Campus Industrial de Ferrol. No marco da visita, a persoa beneficiaria deberá ofrecer ademais unha palestra no CIF para favorecer a relación co persoal investigador do CIF.
Enlace á convocatoria: 02/02/2023 (Sede Electrónica da Universidade da Coruña)
Resolucións: