Axudas para o persoal docente e investigador adscrito ao Campus Industrial de Ferrol para financiar persoal investigador estranxeiro

Esta acción pretende incentivar a visita de investigadores/as estranxeiros/as ao Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC) con vistas a favorecer a internacionalización deste campus e as relacións con outras universidades. Espérase, ademais, que no marco da visita a persoa investigadora poida ofrecer un relatorio no Campus Industrial de Ferrol para favorecer a relación co resto do persoal investigador.

Para iso convócanse bolsas de axuda á viaxe de relatores estranxeiros/as ata o Campus Industrial de Ferrol, que deberán ser solicitadas por persoal investigador adscrito ao devandito campus.

Financiado por Convenio Xunta de Galicia-Universidade da Coruña