Green Campus Ferrol

© Conscious Design on Unsplash

Biodiversidade

A biodiversidade é a variedade de seres vivos sobre a terra e os patróns naturais que a conforman. É a base da vida e dos servizos esenciais que brindan os ecosistemas e por iso é importante protexela. A biodiversidade é de vital importancia por diferentes motivos:

  • É a base do noso sustento: proporciónanos alimentos, auga e aire
  • É fonte de saúde: contribúe a elaboración de medicamentos tanto tradicionais como modernos
  • Proporciónanos auga.
  • Os ecosistemas actúan contra a polución e o efecto invernadeiro: mellora a calidade d aire e as condicións climáticas
  • Regula o clima e mitiga os seus efectos
  • Contribúe ao desenvolvemento económico e social dos países servindo de base as industrias
A biodiversidade está a diminuír rapidamente, poñendo en perigo o planeta e os animais que habitan nel. O consumo excesivo e insostible por parte duns poucos, o crecemento demográfico e a gran demanda de recurso destruíu hábitats e puxo en perigo a miles de especies naturais. Como resultado, os ecosistemas diminuíron a súa capacidade para proporcionarnos servizos. Gústache visitar praias, bosques, selvas, pradeiras ou manglares? Protexe a biodiversidade!

CALES SON AS SÚAS AMEAZAS?

A destrucción de hábitats, extracción insostible dos recursos naturais, a introdución de especies invasoras, o quecemento global, a desertificación, o cambio climático e a contaminación están poñendo en risco a vida natural e, por tanto, a do ser humano. Como consecuencia de estos factores, máis o consumo excesivo e insostible, o crecemento demográfico e a gran demanda de recurso, foron destruídos hábitats e puxéronse en perigo miles de especies naturais. No último século, a desaparición de especies aumentou mil veces respecto á natural.

QUE PODEMOS FACER?

  • Visita espazos naturais sen causar impactos: Non tires lixo que poida inferir no ecosistema
  • Non saques do seu entorno prantas, peixes, insectos, reptís, mamíferos… Así contribuirás a evitar a proliferación de especies invasoras.
  • Consume de forma sostible coa natureza: reduce, reutiliza e recicla. A extracción incontrolada de recursos naturais ou a nosa crecente xeración de residuos afecta de forma directa á perda de especies.
  • Consume produtos e servizos sostibles: como consumidores temos máis poder do que pensamos. Se elixes produtos sostibles sobre outros, estáslle á comunicar á empresa como deben actuar. Fíxate nos selos dos produtos.
  • Actúa de forma responsable coa natureza: non fagas fogatas, non tires lixo, non liberes especies ou semillas que non son propias do lugar, nin toques niños nin crías de animais que vexas, ou calquera outra acción que dane o entorno.
  • Denuncia actividades que atenten contra a biodiversidade: se ves algún acto contra a natureza e a súa biodiversidade, denuncia.