Bolsas CIF para Estudantes Internacionais
Bolsas CIF para Estudantes Internacionais
O Programa de Bolsas para Estudos de Mestrado está dirixido a titulados internacionais que desexen cursar un programa de mestrado oficial na nosa institución. As bolsas inclúen o custo das taxas de matrícula + unha contía para gastos de viaxe dependendo do país de orixe + unha mensualidade para gastos de manutención (alimentación e aloxamento).
Desde o seu lanzamento no curso académico 2021/22, a iniciativa beneficiou a máis de 40 estudantes de Arxentina, Colombia, Cuba, Ecuador, Guinea Ecuatorial, Perú e Vietnam. A maioría dos beneficiarios, tras completar os seus mestrados, continuaron realizando estudos de doutoramento, convertéronse en investigadores nos proxectos internacionais da universidade ou conseguiron un posto nunha das empresas locais.