Bolsas de verán para estudantado do Campus Industrial de Ferrol 2024

Bolsas de verán para estudantado do Campus Industrial de Ferrol 2024

Esta acción pretende incentivar a incorporación do estudantado de máster das titulacións do Campus Industrial de Ferrol (CIF) aos programas de doutoramento do mesmo, ou a incorporación do estudantado matriculado no último curso de grao das titulacións do CIF aos másteres do CIF, involucrándoos en liñas de investigación que poidan dar lugar a algunha publicación.

Para iso convócanse 2 bolsas de verán para a integración destes/as estudantes nalgunha das liñas de investigación, dirixidas por persoal investigador adscrito ao CIF, durante 3 meses, para a realización de tarefas de apoio á investigación do grupo ao que a persoa investigadora adscrita ao CIF pertence.

 

Resolucións: