Bolsas de verán para estudantado do Campus Industrial de Ferrol 2025

Bolsas de verán para estudantado do Campus Industrial de Ferrol 2025

Esta acción pretende incentivar a incorporación do estudantado de máster das titulacións do Campus Industrial de Ferrol (CIF) aos programas de doutoramento do mesmo, ou a incorporación do estudantado matriculado no último curso de grao das titulacións do CIF aos másteres do CIF, involucrándoos en liñas de investigación que poidan dar lugar a algunha publicación.

Para iso convócanse 2 bolsas de verán para a integración destes/as estudantes nalgunha das liñas de investigación, dirixidas por persoal investigador adscrito ao CIF, durante 3 meses, para a realización de tarefas de apoio á investigación do grupo ao que a persoa investigadora adscrita ao CIF pertence.

Contías:
  • Importe máximo da convocatoria: 3.202,08 €
  • Importe bruto de cada unha das bolsas mensual: 523,17 € ( descontase de este importe a cotización da Seguridade Social correspondente á persoa adxudicataria)
  • Importe da cota patronal: 10,51 € (non se reterá con cargo ao importe bruto mensual)
Duración e Datas
  • A duración destas bolsas será de tres meses
  • período comprendido entre o día 01/07/2025 e o 30/09/2025
  • dedicación total de 200 horas a acordar coa persoa investigadora responsable, sen que o tempo de dedicación diario poida exceder de cinco horas
Prazo de presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles desde a publicación da convocatoria no taboleiro electrónico da UDC.

Enlace á convocatoria (Data de publicación 22/05/2025)

Anexo I

Anexo II

Anexo III

Resolución Provisional (Data de publicación 02/06/2025)