Obxecto:
Convócanse dúas bolsas de verán para a integración do estudantado de Máster do Campus Industrial de Ferrol nalgunha das liñas de investigación, dirixidas por persoal investigador adscrito ao CIF, durante 3 meses.
Contías
-
Importe máximo da convocatoria: 3.204,06 €.
-
Importe bruto de cada unha das bolsas mensual: 523,17 € ( descontase de este importe a cotización da Seguridade Social correspondente á persoa adxudicataria).
-
Importe da conta patronal: 10,84 € (non se reterá con cargo ao importe bruto mensual).
Duración e Datas a ter en conta:
-
A duración destas bolsas será de tres meses.
-
Período comprendido entre o día 01/07/2026 e o 30/09/2026.
-
Dedicación total de 200 horas a acordar coa persoa investigadora responsable, sen que o tempo de dedicación diario poida exceder de cinco horas.
Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles desde o día seguinte á publicación da convocatoria no taboleiro electrónico da UDC.
Formalización das solicitudes
O expediente de solicitude incluirá a seguinte documentación:
1. Anexo I. Solicitude
2. Copia do DNI da persoa solicitante da bolsa
3. Copia do expediente académico da persoa solicitante da bolsa
4. Currículo da persoa solicitante da bolsa
5. Currículo da persoa que titorizará a bolsa
A solicitude de axuda realizarase enviando a documentación requirida ao correo electrónico
//
Enlace á convocatoria (Data de publicación 04/04/2026)
Información Adicional: Liñas de especialización do CIF(Castelán)