Green Campus Ferrol
© Pablo Merchán Montes on Unsplash
Compra responsábel
O consumo responsábel é un concepto que defende o cambio de habitos de consumo da sociedade axustándoos as necesidades reais e as necesidades do planeta, escollendo as opcións que favorezan ao medio ambiente e a igualdade social. Este cambio é necesario xa que actualmente vivimos nunha sociedade consumista que repercute directamente na saude do noso planeta, por todo isto é necesario un cambio de cara a un consumo responsábel.
QUE PODEMOS FACER NÓS PARA CONSUMIR DE MANEIRA RESPONSABEL?
– Non merques productos ou servizos de empresas que durante a sua fabricación contaminen excesivamente ou teñan impactos nocivos no medio
-Non malgastes auga, cerra o grifo, duchate e non te bañes…
-Reutiliza roupa, dalle unha vida útil máis longa
-Compra a granel evitando así comprar productos que xeren residuos innecesarios
-Utiliza bombillas de baixo consumo, apaga as luces
-Evita o consumo de combustibles fósiles
-Planifica as túas compras
-Escolle alimentos locales e de temporada
-Evita o desperdicio de comida
-Se tes oportunidade merca comida ecolóxica
-Escolle empresas que traballen de xeito responsable
– Apoia o comercio xusto e o comercio de barrio
-Compara e reflexiona antes de comprar un producto
-Coñece os productos sustentábeis e as súas características
Estas son só algunhas dos habitos que podemos tomar para axudar e ter un consumo responsábel. Coida o teu consumo para coidar do noso planeta.