Convocatoria contratación de persoal investigador en formación 2025 [Pechada]

Convocatoria de contratación de persoal investigador en formación 2025 

Publicación da convocatorias que rixe a contratación de un/ha investigador/a en formación no Campus Industrial de Ferrol.

Referencia axuda: Convenio Xunta de Galicia-Universidade da Coruña.

Título: Talento en formación. Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade da Coruña (UDC) para o desenvolvemento de accións estratéxicas no Campus Industrial de Ferrol 2024-2028

Funcións:
    1. Desenvolver un proxecto de tese aliñado con algunha das liñas estratéxicas do CIF e
      avalada por un/unha investigador/a adscrito a este.
    2. Deseñar os procesos de experimentación e recollida de datos
    3. Traballo de campo e análise dos datos obtidos neste traballo.
    4. Preparar informes intermedios e finais incluíndo xustificacións de cales son as achegas
      de investigación ás liñas estratéxicas do CIF, así como a memoria anual de actividades
      para as xustificacións do CIF
    5. Diseminar resultados en contextos nacionais e internacionais en concordancia cos
      indicadores do CIF
    6. Publicar os resultados no ámbito científico correspondente en liña cos intereses de
      difusión científica do CIF. No caso de que o resultado da investigación conleve
      transferencia á empresa ou creación de patentes debe de existir unha clara coincidencia
      coas liñas estratéxicas do CIF.
    7. Elaboración da memoria final de tese para á súa posterior lectura e defensa que permita
      a obtención do título de doutor/a.
Características:
    • Horario:  luns a venres de 8:00 h a 15:00 h.
    • Retribucións bruta mensual : 1.783,33 € (Incluídas pagas extras).
    • Período da axuda: máximo 4 anos (se o convenio coa Xunta de Galicia segue en Vigor).
    • Fináncianse unha estadía de tres meses de duración no estranxeiro.
Requerimentos:
    1. Ter nacionalidade dun estado membro da Unión Europea.
    2. Estar a realizar a tempo completo os estudos de doutoramento nalgún dos Programas de
      Doutoramento da Universidade da Coruña.
    3. Que vaian desenvolver o seu proxecto de tese sobre algunha das áreas descritas no
      apartado 1 da convocatoria.
    4. Que a data de finalización da titulación que dea acceso ao programa de doutoramento
      sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2019.
    5. Contar no expediente académico do grao ou licenciatura cunha nota media igual ou
      superior a 7, ou a 6 nas titulacións da rama de Enxeñaría e Arquitectura.
    6. Non se admitirán como candidatas a ser destinatarias destas axudas as persoas que estean
      en posesión do título de doutor.
Prazos:

5 días hábiles dende o día seguinte a publicaión no taboleiro electrónico da UDC.

Presentación de solicitudes:
    • A traves da sede electrónica
    • A través do rexistro presencial da UDC

 

Ligazón á convocatoria 2025/CP/094 (data de publicación 23/05/2025)