Convocatoria dunha axuda para a formación nunha empresa da contorna para un/ha doutor/a matriculado/a nun programa de doutoramento do Campus Industrial de Ferrol
Na súa aposta pola especialización, o Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña
(UDC) promove esta axuda para a formación nunha empresa da contorna de un doutor/amatriculado/a nun programa de doutoramento deste campus, naquelas áreas especialmente interesantes parao Campus Industrial de Ferrol pola súa consideración de estratéxicas dentro da planificación da entidade:
a) Robótica industrial
b) Materiais
c) Optimización de procesos industriais
d) Enxeñaría naval e offshore
e) Xestión industrial
f) Desenvolvemento do produto
Concederanse unha axuda para a incorporación dun estudante de programa oficial de doutoramento do Campus Industrial de Ferrol con base nun proxecto de investigación que se desenvolva neste campus e que implique unha colaboración directa entre unha empresa e
un/unha investigador/a adscrito/a ao Campus Industrial de Ferrol.
Resolucións:
13/02/2023_Resolucion provisional doctorado industrial 2023 CIF_GAL
23/02/2023 – Resolucion definitiva doctorado industrial 2023 CIF_GAL