Febreiro 5, 2022

First Lego League Galicia – FLL Galicia

Ferrol, 25 de febreiro de 2022.- A Universidade da Coruña organiza, por oitavo ano consecutivo, a FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia), o vindeiro sábado 5 de marzo, no Auditorio Municipal de Ferrol, entre as 09:00 e as 15:00 horas. Nesta edición, participan un total de 41 equipos (21 na categoría FLL Challenge, 19 na FLL Explore e 1 na FLL Discover) e preto de 300 mozos e mozas de toda Galicia. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra Permuy, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia.

Os xardíns do Campus Industrial de Ferrol acolleron este venres a presentación desta oitava edición á que asistiron a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla Fernández, a concelleira de Benestar Social e Patrimonio Histórico do Concello de Ferrol, Eva Martínez Montero, a directora do Campus Industrial, Ana Ares Pernas, e o director comisionado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Andrés Piñón Pazos.

Como cada ano, colaboran nesta iniciativa o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), a Deputación Provincial da Coruña, o Concello de Ferrol e o Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), Gadis, R Cable, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e TodoOcio.

Que é a FIRST LEGO League?

FIRST LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación.

O desafío FIRST LEGO League en España

Desde este ano, a Asociación ingeniera.soy é a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en España en colaboración co 20% das universidades españolas, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación como socios. Ademais, a iniciativa é posible grazas á colaboración de empresas e entidades que achegan aos participantes aos coñecementos e profesións STEAM.

Como funciona a FIRST LEGO League?

Cada tempada, a FIRST LEGO League desafía aos mozos e mozas a resolver problemas do mundo real, tales como a reciclaxe, a xestión da auga ou as enerxías renovables mediante as oportunidades que ofrece a ciencia e a tecnoloxía. Na edición 2021/22, a través do DESAFÍO CARGO CONNECT invita aos equipos a aprender como se transporta, clasifica e entrega a carga aos seus destinos, desde as grandes distancias ata a “última milla”. Do mesmo xeito, tamén os desafía a atopar solucións para repensar o transporte a medida que se impoñen máis demandas aos sistemas de transporte como poden ser a rapidez, a eficacia ou a sustentabilidade.

Os equipos teñen que resolver este desafío en tres áreas de traballo:

  • O Proxecto de Innovación. Un proxecto que explique e detalle a súa solución innovadora como opción de mellora ao problema proposto.
  • O Xogo do Robot. O deseño, construción e a programación dun robot LEGO MINDSTORMS Education que terá que superar divertidas misión nun taboleiro de xogo relacionado co desafío.
  • A integración dos valores FIRST LEGO League. Mentres os equipos desenvolven o Proxecto Científico e o Xogo do Robot, integran os valores FIRST LEGO League: descubrimento, innovación, impacto, inclusión, colaboración e diversión.

Como participa un equipo na FIRST LEGO League?

Os participantes crean un equipo, de entre 2 e 10 membros, de 10 a 16 anos.

Durante tres meses preparan o desafío FIRST LEGO League e organizan a súa propia micro FLL no centro educativo ou asociación. A participación nunha micro FLL dá acceso aos Torneos Clasificatorios FIRST LEGO League.

Nesta 16ª edición da FIRST LEGO League terán lugar un total de 27 torneos clasificatorios en España organizados grazas á participación de máis de 2.000 persoas voluntarias. Os equipos seleccionados nos Torneos Clasificatorios chegarán a GRAN FINAL FIRST LEGO League que este ano terá lugar o sábado 2 de abril no Pazo de Congresos Torremolinos-Costa del Son en Málaga.

Que é a FIRST LEGO Explore?

FIRST LEGO League Explore é un programa internacional dirixido a nenos e nenas de 6 a 9 anos, centrado na promoción da ciencia e da tecnoloxía, para captar a curiosidade dos máis pequenos e dirixila cara o descubrimento e a mellora do mundo que os rodea.

Por equipos, de entre 2 a 6 participantes, os máis pequenos deseñan e constrúen unha maqueta con pezas LEGO e preparan un póster illustrativo do seu traballo. Un póster que presentan diante do público asistente aos EVENTOS FIRST LEGO League Explorer que se organizan nos tornos clasificatorios e na Gran Final.

Que é a FIRST LEGO Discover?

A FIRST Lego League Discover é un programa introdutorio á ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e ás matemáticas (STEM), dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 6 anos. O programa estimula a súa curiosidade natural ampliando os seus coñecementos e desenvolvendo novos hábitos de aprendizaxe.

FIRST LEGO League en Galicia

A Universidade da Coruña organiza por oitavo ano consecutivo a FIRST LEGO League Galicia. O torneo terá lugar o vindeiro sábado 5 de marzo no Auditorio Municipal de Ferrol e en varias salas do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño. Poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube da FLL Galicia.

 

Listaxe FIRST LEGO League Galicia Challenge

Equipo Nome Colexio
1 Montecastelo BOT Colexio de Fomento Montecastelo (Vigo, Pontevedra)
2 Las Acacias BOT Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
3 EFIGY GIRLS Las Acacias Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
4 STEAM GIRLS Las Acacias Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
5 MontecasLEGO Colexio de Fomento Montecastelo (Vigo, Pontevedra)
6 CAPTIOMA OCTABOTS CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)
7 C3club IES Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, A Coruña)
8 EFICY GIRLS MONTESPIÑO Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)
9 INFINITY MONTESPIÑO 1 Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)
10 INFINITY MONTESPIÑO 2 Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)
11 100tíficas Trabe IES Rego de Trabe (Culleredo, A Coruña)
12 Guillelminos CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
13 Peña Bots Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)
14 Catabótica IES Catabois (Ferrol, A Coruña)
15 Ctrl+T IES As Telleiras (Narón, A Coruña)
16 Robot City Pobra CEP Salustiano Rey Eiras (A Pobra do Caramiñal, A Coruña)
17 MEGA BUILDER TEAM MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
18 Gázapon – INH Gazapo Xestión SL (A Coruña)
19 CON3CT4 – H4CKZ4P0S Gazapo Xestión SL (A Coruña)
20 Pathfinders Colexio Internacional Eirís (A Coruña)
21 Riverbots IES de Fene (Fene, A Coruña)

 

Listaxe FIRST LEGO League Explore

Equipo Nome Colexio
1 Wizard Box Gazapo Xestión SL (A Coruña)
2 Transportabots Gazapo Xestión SL (A Coruña)
3 Transportes de poca monta Gazapo Xestión SL (A Coruña)
4 Lego Turbo CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
5 Lego Robotics CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
6 Comanders CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
7 Sharks CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
8 Lego Conectors CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
9 STAR LEGO LAR Colexio Lar (Mos, Pontevedra)
10 MAKER LEGO LAR Colexio Lar (Mos, Pontevedra)
11 ESTRELLA ARCO IRIS CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)
12 SPIDERMAN CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)
13 ROBOLEGO CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)
14 TRENDBOT CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)
15 MARINA CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)
16 RAYO CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra)
17 Super Lego Teams MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
18 MEGA BUILDER TEAM JR. MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
19 ROBOT CITY POBRA JR. CEP Salustiano Rey Eiras (A Pobra do Caramiñal, A Coruña)

 

Listaxe FIRST LEGO League Discover

Equipo Nome Colexio
1 Wallynsky Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

 

Máis información nas RRSS da FIRST Lego League Galicia:

 

Facebook: https://www.facebook.com/firstlegoleaguegalicia/

Twitter: https://twitter.com/fllgalicia

Instagram: https://www.instagram.com/fllgalicia/

 

Foto 1: Foto de familia dos representantes das entidades e empresas que colaboran na oitava edición da FIRST LEGO League Galicia organizada pola Universidade da Coruña a través da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e do Campus Industrial.

Foto 2: De esquerda a dereita, Andrés Piñón Pazos, director comisionado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Ana Ares Pernas, directora do Campus Industrial, María Jesús Movilla, vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Eva Martínez Montero, concelleira de Benestar Social e Patrimonio Histórico do Concello de Ferrol, e José Antonio Becerra Permuy, coordinador da FLL Galicia, uns minutos antes do comezo da rolda de prensa nos xardíns do Campus Industrial de Ferrol.

FLL2