O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, o mércores 22 de abril, ás 18:00 horas, o relatorio dos alumnos da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e tripulantes da expedición do barco de vela “Brown Bear” por Groenlandia e polo Atlántico Norte, Mariano Stinga González e Enrique Lagos Molíns. A súa intervención porá o broche de ouro ao Ciclo de Conferencias 2025/2026 da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos que promoven a Universidade da Coruña (UDC) e Navantia e que, nesta ocasión, se realiza en colaboración coa Fundación Exponav.
A conferencia poderá seguirse, de xeito presencial, ata completar o aforo, desde o Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, e, en liña, a través da páxina web https://www.catedracosmealvarez.com/conferencia-en-directo/.
