A Sala Carlos III do Museo da Construción Naval (Exponav) acolle, o xoves 16 de abril, ás 19:00 horas, a conferencia “Conservar os nosos monumentos. A restauración do Pórtico da Gloria”, impartida pola emérita do Instituto del Patrimonio Cultural de España (IPCE), dependente do Ministerio de Cultura, e directora, entre os anos 2010 e 2018, do Proxecto de Conservación e Restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela, Ana Laborde, no marco do ciclo de conferencias do curso 2025/26 da Cátedra Jorge Juan, unha iniciativa impulsada pola Universidade da Coruña (UDC) xunto coa Armada baixo a dirección da profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alicia Munín.
