Marzo 4, 2026

Cátedra Jorge Juan + Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos – Conferencia “A xenética ao alcance de todos: Que é Xenoma Galicia e por que é importante”

A Sala Carlos III de Exponav acolle, o vindeiro mércores 4 de marzo, ás 19:00 horas, a conferencia “A xenética ao alcance de todos: Que é Xenoma Galicia e por que é importante”, impartida pola coordinadora do Proxecto Xenoma Galicia e coordinadora da Unidade de Xenética Cardiovascular do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), María Brión, no marco da Cátedra Jorge Juan que impulsa a Universidade da Coruña (UDC) en colaboración coa Armada, baixo a dirección da profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alicia Munín.

Cómpre sinalar que esta é a primeira vez que a Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos, impulsada tamén pola institución herculina xunto con Navantia e liderada pola profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Ana Álvarez, e polo responsable de Transformación Dixital e Industrial en Navantia Ría de Ferrol, Rafael Morgade, se suma ao Ciclo de Conferencias da Cátedra Jorge Juan presentando un relatorio de gran interese para o conxunto da sociedade.

A coordinadora do Proxecto Xenoma Galicia, María Brión, imparte, o vindeiro mércores 4 de marzo, ás 19:00 horas, na Sala Carlos III de Exponav, unha conferencia convidada pola Cátedra Jorge Juan e mais pola Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos.
A coordinadora do Proxecto Xenoma Galicia, María Brión, imparte, o vindeiro mércores 4 de marzo, ás 19:00 horas, na Sala Carlos III de Exponav, unha conferencia convidada pola Cátedra Jorge Juan e mais pola Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos.