A Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolle mañá, martes 5 de marzo, ás 17:00 horas, o coloquio “Palestina, presente e futuro” no que participan o embaixador xefe da misión diplomática de Palestina en España, Husni Abdel Wahed, como entrevistado; e o profesor de Historia Antiga da Universidade da Coruña, Juan Luis Montero Fenollós; como entrevistador.
O reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, abrirá e pechará o acto de presentación do coloquio no que participará tamén a decana da Facultade de Humanidades e Documentación, Manuela del Pilar Santos. Está previsto que asista como público a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares