O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, este mércores 29 de outubro, ás 18:00 horas, o relatorio da directora xeral de Marina Mercante, Ana Núñez Velasco, no marco do Ciclo de Conferencias 2025/26 da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos que promove a Universidade da Coruña (UDC) xunto con Navantia, baixo a dirección da profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Ana Álvarez, e do responsable de Transformación Dixital e Industrial en Navantia Ría de Ferrol, Rafael Morgade.
A conferencia poderá seguirse, de xeito presencial, ata completar o aforo, desde o Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, e, en liña, a través da páxina web www.catedracosmealvarez.com.
