A Sala Carlos III do Museo da Construción Naval (Exponav) acolle, este xoves 23 de outubro, ás 19:00 horas, a conferencia “Aspectos éticos do goberno do dato nos ámbitos policial e militar” impartida pola catedrática de Dereito Penal da Universidade da Coruña (UDC), Patricia Faraldo, no marco da primeira conferencia do curso 2025/26 da Cátedra Jorge Juan, unha iniciativa impulsada pola institución herculina xunto coa Armada baixo a dirección da profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alicia Munín.
A asistencia á conferencia é libre e gratuíta ata completar o aforo da sala.
