A Sala Carlos III do Museo da Construción Naval (Exponav) acolle, este mércores 17 de decembro, ás 19:00 horas, a conferencia “Tolkien e o mar” impartida polo catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José María Miranda Boto, no marco da terceira conferencia do curso 2025/26 da Cátedra Jorge Juan, unha iniciativa impulsada pola Universidade da Coruña (UDC) xunto coa Armada baixo a dirección da profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alicia Munín.
