O Campus Industrial de Ferrol e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), en colaboración co Observatorio da Política China (OPCh), abren o prazo de inscrición no Curso “As Nacións Unidas no Mundo do Século XXI: Gobernanza Global, Axenda 2030 e o Papel de Asia” que terá lugar, ao longo do mes de outubro, na Facultade de Humanidades e Documentación. Esta nova proposta formativa ofrecerá unha análise do papel das Nacións Unidas no contexto internacional, poñendo o foco na gobernanza actual, nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 e na crecente relevancia de Asia na configuración da orde mundial.
A actividade está aberta a toda a comunidade universitaria e ao público xeral interesado nesta temática. A asistencia é libre e gratuíta ata completar aforo da sala. As persoas interesadas en obter máis información poden contactar coa organización a través do enderezo electrónico info@igadi.gal.
