O académico e exdirector da Real Academia Española (RAE), Darío Villanueva, será o protagonista, o próximo martes 14 de abril, ás 19:00 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, da cuarta sesión dos “Faladoiros Literarios”, un ciclo de conversas promovido polo Concello de Ferrol en colaboración coa Universidade da Coruña (UDC).
Este novo faladoiro está aberto a toda a comunidade universitaria e ao público xeral interesado. As persoas que desexen asistir deberán inscribirse, de xeito totalmente gratuíto, enviando un correo electrónico a vcfrs@udc.gal ou ben chamando ao 881 01 3800 antes das 14:00 horas do luns 13 de abril.
