Un reto real proposto por Navantia e 24 horas para atopar unha solución innovadora. Este é o desafío ao se que enfrontan os 45 estudantes de Enxeñaría da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e os cinco enxeñeiros e enxeñeiras júnior de Navantia que resultaron seleccionados para participar na cuarta edición do Hackathon Navantia Next Pioneers que dará comezo, este xoves 13 de marzo, ás 14:30 horas, no edificio da Exposición Permanente do estaleiro, e que logo continuará, como en anteriores edicións, no Campus Industrial de Ferrol
.