Febreiro 29, 2024

Hackathon Navantia Next Pioneers “Ría de Ferrol”

Un reto real proposto por Navantia e 24 horas para atopar unha solución innovadora. Este é o desafío ao se que enfrontan os 55 estudantes de enxeñaría da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e os cinco enxeñeiros e enxeñeiras junior de Navantia que resultaron seleccionados para participar na terceira edición do Hackathon Navantia Next Pioneers, que dará comezo este xoves 29 de febreiro, ás 15:00 horas, no Campus Industrial de Ferrol.

O evento preséntase como unha oportunidade única para innovar, crear, aprender, colaborar e demostrar talento. Navantia e o Campus Industrial da Universidade da Coruña, en colaboración coa Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e máis coa Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), presentan un espazo no que experimentar coa transformación dixital e as SmartTech. Ao longo das 24 horas que dura este hackathon, as persoas participantes, divididas en pequenos equipos de non máis de cinco persoas, contarán co apoio de profesionais do sector naval e da enxeñaría para acadar a solución do reto proposto.