Outubro 15, 2025

II Curso “China no horizonte do S.XXI: Sociedade, cultura e política internacional”

A segunda edición do Curso “China no horizonte do S.XXI: Sociedade, cultura e política internacional”, desenvolverase de maneira presencial os mércores, 8, 15 e 22, entre as 18h e as 20h, na Facultade de Humanidades, e entre as 16h e as 20h o mércores 29 de outubro.

O Curso está aberto á comunidade da Universidade da Coruña (UDC) e á participación dos axentes económicos, institucionais e socioculturais de Ferrol e a comarca, así como á cidadanía en xeral.

As prazas son limitadas. Pode inscribirse desde esta ligazón. O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) emitirá un certificado de asistencia ao alumnado que completase as 10 horas de duración do curso. Para calquera cousa pode dirixirse a info@igadi.gal

A presenza do IGADI no Campus reforza o traballo do Plan estratéxico do Campus Industrial de Ferrol, colaborando na súa internacionalización e achegando valor específico ao Grao en Relacións Internacionais que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación dende o curso 2022/2023.