O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acollerá, o vindeiro xoves 18 de abril, ás 10:00 horas, a segunda edición da xornada The Future of Fashion Talent, que organiza o xornal líder en información económica do negocio da moda, Modaes, en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña e co apoio da Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega) e máis do Concello de Ferrol.
O alumnado e demais membros da comunidade universitaria, así como empresas e público xeral interesado en asistir de xeito presencial á xornada, terán que inscribirse antes das 14:00 horas do mércores 17 de abril a través da páxina web www.thefutureoffashiontalent.com. Con todo, o evento poderá seguirse en directo a través da home de modaes.es.