Xuño 18, 2026

III Carreira Greenpower Galicia – Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF)

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), baixo o paraugas do Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC) e en colaboración coa Escudaría As Pontes motorsport, organiza, este xoves 18 de xuño, de 09:00 a 17:30 horas, no circuíto de karting pontés, a III Carreira Greenpower Galicia, un campionato non clasificatorio no que participan un total de 12 equipos nas categorías F24 (de 11 a 16 anos) e F24+ (de 16 a 25 anos) procedentes de distintos puntos da comunidade autónoma, de Asturias e do País Vasco.

O obxectivo desta carreira é o de percorrer a maior distancia posible, ou o que é o mesmo, dar o maior número de voltas ao circuíto, usando unha única batería eléctrica sen a posibilidade de recargala ou de cambiala durante o percorrido. Para iso, o estudantado de ESO, de Bacharelato, de FP e de universidade participante poderá usar un vehículo eléctrico construído a partires dun kit básico proporcionado por Greenpower Iberia no que se inclúen as rodas, os eixos dianteiro e traseiro, o chasis, o motor, así como un par de baterías, ou competir cun coche creado “desde cero”. Deste xeito, non gaña o equipo máis rápido senón aquel que conduce do xeito máis eficiente e sustentable posible.

Listaxe de equipos participantes na III Carreira Greenpower Galicia

Equipo Nome Categoría Centro
1 Kastro Sport Teams F24
F24+
IES Plurilingüe Castro da Uz (As Pontes de García Rodríguez, A Coruña)
2 Xunkart F24+ CIFP A Xunqueira (Pontevedra, Vigo)
3 EPEF Racing Team F24+ Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol EPEF – Universidade da Coruña UDC (Ferrol, A Coruña)
4 Cidercar F24
F24+
IES Peñamayor (Nava, Asturias)
5 TT Racing Narón F24+ IES As Telleiras (Narón, A Coruña)
6 Baraka mugi 1 F24+ Baraka mugi taldea FP Barakaldo LH (Barakaldo, Bizkaia)
7 Baraka mugi 2 F24+ Baraka mugi taldea FP Barakaldo LH (Barakaldo, Bizkaia)
8 Carral Teams F24
F24+
IES Carral (Carral, A Coruña)
9 Antón Losada Motor Sport F24+ IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada, Pontevedra)
10 Abrente Gp F24+ IES O Ribeiro (Ribadavia, Ourense)
11 Race Teams Peñavera F24 Asociación Peñavera (Oviedo, Asturias)
12 Kartlonga F24+ IES Vilalonga (Sanxenxo, Pontevedra)

F24 (de 11 a 16 anos) e F24+ (de 16 a 25 anos)

 

Un total de 12 equipos de Galicia, Asturias e do País Vasco compiten este xoves 18 de xuño na III Carreira Greenpower nas Pontes
Un total de 12 equipos de Galicia, Asturias e do País Vasco compiten este xoves 18 de xuño na III Carreira Greenpower nas Pontes