O Campus Industrial de Ferrol e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organizan, o vindeiro VENRES 5 de ABRIL de 2024, a III Xornada de Portas Abertas Presencial do Campus Industrial de Ferrol.
Quenda de mañá – de 09:30 a 13:45 horas – Colexios e institutos
Quenda de tarde – de 16:00 a 20:00 horas – Público Xeral (Visitas individuais, grupos de amigos/as, en familia…)
O alumnado ou público participante poderá elixir entre TRES posibles itinerarios:
*Non se pode realizar máis dun só itinerario ao mesmo tempo
- Ciencias da Saúde:
- Facultade de Enfermaría e Podoloxía
- Ciencias Sociais e Xurídicas + Artes e Humanidades
- Facultade de Humanidades e Documentación
- Facultade de Ciencias do Traballo
- Enxeñaría
- Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
- Grao en Enxeñaría Mecánica
- Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
- Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
- Programa de Simultaneidade Grao en Enxeñaría Mecánica + Enxeñaría Naval e Oceánica
- Grao en Enxeñaría Eléctrica (opción de cursar a modalidade DUAL)
- Grao en Enxelaría Electróncia Industrial e Automática
- GRAO ABERTO en Enxeñaría Industrial (elixen a especialidade no segundo curso)
- Escola Universitaria en Deseño Industrial
- Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Debes formalizar a túa inscrición na III Xornada de Portas Abertas Presencial do Campus Industrial de Ferrol antes das 14:00 horas do VENRES 22 de MARZO de 2024 no seguinte enlace -> https://forms.office.com/e/wbra374WgT
Podes atopar máis información sobre as titulacións da Universidade da Coruña en https://estudos.udc.es/gl/StudyAtUdc/degree
sapefer@udc.es / 881 01 3650
comunicacion.campus.industrial@udc.gal / 881 01 3621